Como tódolos anos dende o ENDL elaboramos a Revista Escolar "Don Cuco" cos traballos aportados por todas as titorías e especialidades.
Aqui tedes o resultado!!
Facede clic no enlace ou na foto para acceder á revista:
Este ano a autora homenaxeado o día das Letras Galegas foi Xela Arias Castaño. Organizáronse diversas actividades nas aulas adicadas a autora. Fíxoseun mural cun ACRÓSTICO coas letras de Xela Arias.
Por outro lado, cada alumn@ fará un debuxo sobre Xela Arias que se expuxeron tamén nun gran mural.
No seguinte enlace podedes ver o programa dos Bolechas da televisión de galicia que leva por nome "Brauliotuber", que gravamos o curso pasado con moita ilusión.
Temos uns grandes artistas comunicadores no noso cole.
MIRADE QUE BEN O FIXERON, PARECEN PROFESIONAIS!!
http://www.crtvg.es/infantil/programas/braulio-tuber/braulio-tuber-iii-116-4746475
(premede no enlace ou na imaxe para ver o video)
Xa temos os calendarios listos e repartidos en cada aula.
A temática deste ano foi "OS CAMIÑOS DE SANTIAGO" e cada curso encargouse de facer dúas follas do calendario correspondentes a dous meses, adicados a cada un dos camiños.O ENDL, o Equipo de Biblioteca e o Equipo de Actividades Extraescolares conxuntamente organizamos no cole un "Concurso de Contos de Medo" no que houbo 3 premios por cada ciclo.
Para acceder a toda a información preme na seguinte imaxe.
Este curso celebramos o Samaín no cole dunha maneira diferente ao que estamos acostumados. Non houbo cabazas pero si houbo moitas gañas de pasalo ben. Celebrámolo nas aulas mantendo a distancia de seguridade e cumprindo todas as normas e o protocolo do Covid-19.
O ENDL fixemos este pequeno video que demostra que, a pesar das circunstancias que estamos a vivir, no cole continuamos a ter moitas gañas e ilusión por festexar as nosas celebracións.
Esperamos que vos guste moito!!!