xoves, 27 de xuño de 2019

EDUCACIÓN AMBIENTAL

Aquí vos deixamos unha mostra das actividades Voz Natura realizadas durante o curso.


xoves, 6 de xuño de 2019

DON CUCO. EDICIÓN ESPECIAL 50 ANIVERSARIO

Como tódolos anos dende o ENDL elaboramos a Revista Escolar "Don Cuco" cos traballos aportados por todas as titorías e especialidades.
Este ano fixemos unha edición especial para conmemorar o 50 aniversario do cole.
O vindeiro curso poderedes disfrutar dela nas mochilas viaxeiras.

Aqui a tedes!!
Quedounos xenial!!!


martes, 4 de xuño de 2019

CÓNTAME UN CONTO

Este curso dende o ENDL volvemos a gravar contos cos profes.

"Eu non fun!": Xefa do Departamento de Orientación.
- "A vella na botella": Mestra de Pedagoxía Terapéutica.

Os alumnos de Tremoedo tamén gravamos moitos contos:

"Miau": alumnos de E.I (3 anos)
- "Piñeiro": alumnos de E.I (4-5 anos)
"Ivan, o cabaleiro valente": alumnos de 1º e a súa titora
"Queres xogar comigo": alumnos de 2º e a súa titora
" A vella Lulula" : alumnos de 3º
- "A viaxe das bolboretas": alumnos de 4º
"A águia e a tartaruga" (fábula): alumnos de 5º
"A miña amiga monstruosa": alumnos de 6º

Tamén se ofreceron os pais/nais a gravar un conto titulado: "Arco da lúa".

Todos estes contos estarán á vosa disposición o curso que ven nas mochilas viaxeiras para que disfrutedes todos deles e......

A ver se adiviñades cáles son os protagonistas dos contos con só escoitar a súa voz!!!

Aqui tedes unha mostra do que fixeron os nosos pequechos de infantil. Para escoitar o resto de contos  teredes que agardar ao vindeiro curso.