martes, 17 de xaneiro de 2017

TEATRO DE NADAL


Os alumnos de 5º representaron durante o festival de Nadal unha obra de teatro titulada "Galicia no país das marabillas".
Aqui tedes un video para que vexades que pedazo de actores temos en Tremoedo.

luns, 16 de xaneiro de 2017

CALENDARIO 2017

Xa temos os calendarios listos e repartidos en cada clase.
A temática deste ano é "A alimentación no mundo" e cada curso encargouse de facer dúas follas do calendario correspondentes a dous meses e de escoller dous países e traballar as comidas típicas dos mesmos.
Así quedou de bonitiño o noso calendario!!!!


FESTIVAL DE NADAL

Como tódolos anos celebramos o Festival de Nadal no cole, coa visita dos Reis Magos e  e coa interpretación de diferentes panxoliñas e a representación dunha obra de teatro.
Mirade que ben o pasamos!!!



DECORACIÓN DE NADAL

Este ano os nenos/as de tremoedo colaboraron na decoración do escenario para a celebración do Festival de Nadal.
Cada neno/a decorou unha bola de Nadal na súa casa coa colaboración e axuda dos seus pais/nais.
O resultado de este traballo foi espectacular. 
Aqui vos deixo as fotos de todo este traballo para que comprobedes o bonitas que quedaron todas as bolas de Nadal.