xoves, 20 de decembro de 2018

INNOVARTE

Moitas grazas ás familias participantes na elaboración do mosaico e, como non, ao gran artista Gerardo Rodríguez, profesor do IES Asorey de Cambados.
Que desfrutedes do video!


martes, 20 de novembro de 2018

MAGOSTO

Celebramos o tradicional magosto con xogos populares e a degustación de castañas asadas. Que boas están!!!



Grazas a todas as familias pola vosa colaboración!!!

domingo, 18 de novembro de 2018

"POLO SAN MARTIÑO, TROMPOS AO CAMIÑO"

Celebramos o Dia de San Martiño no cole  bailando os trompos. 
Que ben que o pasamos!!!

martes, 13 de novembro de 2018

domingo, 10 de xuño de 2018

BOAS VACACIÓNS A TOD@S!!!!

Remata un novo curso. Disfrutade moito nas vacacións de verán e nos vemos de novo en setembro.


OS MAIOS

CELEBRAMOS OS MAIOS NO COLE COMO TODOS OS ANOS.

PASÁMOLO XENIAL!!!!


sábado, 9 de xuño de 2018

REVISTA ESCOLAR "DON CUCO" 2018

Como tódolos anos dende o ENDL elaboramos a Revista Escolar "Don Cuco" cos traballos aportados por todas as titorías e especialidades.
O vindeiro curso poderedes disfrutar dela nas mochilas viaxeiras.

AQUI A TEDES!!
QUEDOUNOS MOI BEN!!


xoves, 24 de maio de 2018

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (7-11 MAIO)

Na semana do 7 ao 11 de maio celebramos no cole a "Semana das Letras Galegas". Organizáronse diversas actividades conmemorativas adicadas a María Victoria Moreno durante toda a semana (exposición de libros, realización de murais alusivos, lecturas nas titorías relacionadas coa autora, etc,...). 
Dende as casas e, coa colaboración das familias, cada neno/a trouxo un cartel cun refrán ou dito popular galego e ilustrado. Todos estes carteis están expostos no corredor de dirección baixo o título: "En galego".
Tamén fixemos a actividade “A miña foto do Salnés”. Cada alumno/a trouxo da casa unha fotografía no que o sitúe nalgún lugar da comarca do Salnés. Fixemos un gran mapa da comarca do Salnés e fomos colocando todas esas fotografías que aportaron os nenos/as ao longo de toda a semana. O obxectivo da actividade consistía en que os nenos/as coñeceran a nosa comarca a través das súas fotos.


CANTO APRENDEMOS SOBRE MARÍA VICTORIA MORENO!!!
AQUÍ TEDES O RESULTADO!!!!





   Dende O ENDL agradecemos a todas as familias a vosa colaboración nesta actividade.

MOITAS GRAZAS!!! 

luns, 19 de marzo de 2018

"CÓNTAME UN CONTO"

Este curso dende o ENDL volvemos a gravar contos cos profes.

- "Xa vooou!": Xefa do Departamento de Orientación.
- "Animais de compañía": Mestra de Pedagoxía Terapéutica.

Os alumnos de Tremoedo tamén gravamos moitos contos:

"Rimas": alumnos de E.I
"O preguiceiro": alumnos de 1º
"A ratiña presumida": alumnos de 2º
- " A montaña e o bosque en Tremoedo" : alumnos de 3º
- "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis": alumnos de 4º e a súa titora.
"Lenda da Ponte dos Padriños": alumnos de 5º
- "Fábulas": alumnos de 6º

Tamén se ofreceron os pais/nais a gravar un conto titulado: "Corre corre, cabaciña".

Todos estes contos estarán á vosa disposición o curso que ven nas mochilas viaxeiras para que disfrutedes todos deles e......

A ver se adiviñades cáles son os protagonistas dos contos con só escoitar a súa voz!!!

venres, 2 de marzo de 2018

24 de febreiro "DIA DE ROSALÍA"


Celebrouse durante a semana do 19 ao 23 de febreiro. O ENDL fixo unha selección de diferentes poetas galegos de todos os tempos e facilitou ás titorías o material necesario para traballar nas aulas. 
En E.I, 1º e 2º os nenos ilustraron cun debuxo os poemas elexidos por eles e en 3º, 4º, 5º e 6º fixeron unha caricatura da ilustración dos poemas.
Con todos estes traballos fíxose un libro que formará parte do fondo da biblioteca do centro co título: “Ilustramos aos nosos poetas”.
 Os poetas seleccionados para cada curso son os seguintes:
·        Educación Infantil: García Teijeiro ( 2 poemas).
·        1º de E.P: Helena Villar Janeiro, Gloria Sánchez (2 poemas).
·        2º de E.P: Fran Alonso, Ana M.ª Fernández, Anisia Miranda /Neira Vilas (3 poemas).
·        3º de E.P: Amado Carballo, Noriega Varela, Xosé M.ª Álvarez Blázquez, Luís Pimentel (4 poemas).
·        4º de E.P: Rosalía de Castro, Emilio Pita, Manuel María, Aquilino Iglesia Alvariño (4 poemas).
·        5º de E.P: Curros Enríquez, Álvaro Cunqueiro, Cabanillas, Celso Emilio Ferreiro (4 poemas).
·        6º de E.P: Eduardo Pondal, María Mariño (2 poemas). 
Aqui tedes unha mostra do bonito que nos quedou o libro:



























mércores, 31 de xaneiro de 2018

martes, 9 de xaneiro de 2018

Resumo do Nadal

TEATRO DE NADAL

Os alumnos de 6º representaron durante o festival de Nadal unha obra de teatro titulada "A Berenguela. A Historia dunha espiña de toxo".
Aqui tedes un video para que vexades que pedazo de actores temos en Tremoedo.


CALENDARIO 2018

Xa temos os calendarios listos e repartidos en cada clase.
A temática deste ano é "Coñece o túa contorna" e cada curso encargouse de facer dúas follas do calendario correspondentes a dous meses e de escoller o Patrimonio Artístico a traballar en cada aula.
Así quedou de bonitiño o noso calendario!!!!