domingo, 15 de novembro de 2020

CONCURSO DE CONTOS DE MEDO

 O ENDL, o Equipo de Biblioteca e o Equipo de Actividades Extraescolares conxuntamente organizamos no cole un "Concurso de Contos de Medo" no que houbo 3 premios por cada ciclo.

  Para acceder a toda a información preme na seguinte imaxe.



luns, 2 de novembro de 2020

O SAMAÍN

 Este curso celebramos o Samaín no cole dunha maneira diferente ao que estamos acostumados. Non houbo cabazas pero si houbo moitas gañas de pasalo ben. Celebrámolo nas aulas mantendo a distancia de seguridade e cumprindo todas as normas e o protocolo do Covid-19. 

O ENDL fixemos este pequeno video que demostra que,  a pesar das circunstancias que estamos a vivir, no cole continuamos a ter moitas gañas e ilusión por festexar as nosas celebracións.

Esperamos que vos guste moito!!!



xoves, 4 de xuño de 2020

REVISTA DON CUCO 2020

Como tódolos anos dende o ENDL elaboramos a Revista Escolar "Don Cuco" cos traballos aportados por todas as titorías e especialidades.

Aqui tedes o resultado!!

Facede clic no enlace ou na foto para acceder á revista:

https://issuu.com/mouchan/docs/revista_don_cuco_2020



luns, 18 de maio de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano celebramos o Día das Letras Galegas dende as nosas casas achegando mensaxes de ánimo a toda a comunidade educativa.
Con esass mensaxes  o ENDL fixo unha montaxe de vídeo que quedou así de ben.
Que gusto da vervos de novo a tod@s ainda que sexa por medio da pantalla.Esperamos que vos guste tamén a vós!!


venres, 15 de maio de 2020

OS MAIOS

Este ano celebramos os maios dunha maneira diferente pero moi especial.


venres, 17 de abril de 2020

NON TE RENDAS

Temos unha sorpresiña para todos os nen@s.Esperamos voltar pronto. Moito ánimo a todas as familias!!!

mércores, 19 de febreiro de 2020

VISITA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Recibimos a visita do poeta Antonio García Teijeiro que nos recitou uns poemas do seu último libro publicado.
O nenos e nenas de 2º  fixéronlle unha entrevista en Radio Chans.







CHARLA "O CAMBIO CLIMÁTICO EN GALICIA"

O 13 de febreiro visitounos no centro Xosé Antonio Padín (científico do CSIC ) e deunos unha charla sobre o cambio climático en Galicia.

Estivo moi interesante!!!



mércores, 12 de febreiro de 2020

A conselleira de educación da Xunta de Galicia visita o noso cole

Tivemos a gran sorte de recibir no noso cole a visita da Conselleira de Educación da Xunta de Galicia Carmen Pomar.








mércores, 5 de febreiro de 2020

DÍA DA PAZ 2020

No vídeo pódese ver unha pequena mostra dalgunhas das actividades realizadas para conmemorar o Día da Non Violencia e a Paz. 


luns, 20 de xaneiro de 2020

CALENDARIO 2020


Xa temos os calendarios listos e repartidos en cada aula.
A temática deste ano foi "Os medios de comunicación" e cada curso encargouse de facer dúas follas do calendario correspondentes a dous meses.

Aquí tedes o resultado!!!!


           

Aqui tedes o link para ver o calendario.

https://issuu.com/mouchan/docs/calendario_2020







luns, 13 de xaneiro de 2020

NADAL 2019






Un ano máis celebramos o Nadal no cole de Tremoedo. Aquí tedes un resumo do festival de Nadal deste ano.
Pasámolo xenial!!!