mércores, 6 de xuño de 2012

O CEIP San Bartolome xa é "Centro ABALAR"

Para o vindeiro curso 2012-2013, os alumnos e alumnas que estean en 5º curso de primaria contarán cunha aula abalar. Isto significa que haberá:
  1. Ultraportátil do alumno-a (1 para cada alumno-a)

  2. Portátil do profesorado (1 para cada aula ABALAR)
  3. Pizarra interactiva e proxector (1 para cada aula ABALAR)
  4. O armario de carga (1 para cada aula ABALAR)
  5. A rede WIFI do centro.

Será un grande reto para todos, profesorado e alumnado ir adaptando o ensino tradicional ás novas tecnoloxías, como un elemento máis de traballo con moitas posibilidades.

Máis información aquí


luns, 30 de abril de 2012

Agradecementos



Dende o centro queremos agradecer a Pablo, un artista da zona, que de xeito desinteresado colaborou para dar un pouco de cor ó colexio a través dos seus debuxos, e tamén ós pais e nais que adicaron varias fins de semana para rematar o traballo. Aquí temos algunhas fotos do proceso e os resultados.