luns, 9 de xuño de 2014

PROGRAMA VOZ NATURA

Foi concedido o programa Voz Natura para o vindeiro curso  2014-2015
Este ano, dende o colexio e  coa colaboración de varios mestres e  membros da ANPA , elaborouse un proxecto para participar na 18ª edición deste programa, que se convoca tódolos anos co fin de  mellorar o noso entorno e colaborar no coidado do medio ambiente.
Co título: "Somos o que comemos: agricultura ecolóxica na escola" o noso proxecto resultou seleccionado. Trataremos de por en funcionamento o horto escolar aproveitando os espazos verdes cos que conta o centro, e un invernadoiro onde colleitaremos cultivos ecolóxicos.


venres, 2 de maio de 2014

OBRAS NO COLEXIO




Ao regreso das vacacións de Semana Santa, atopamos algúns cambios no colexio, grazas ós traballos levados a cabo pola ANPA e máis o Concello.


ANTES
AGORA














xoves, 20 de marzo de 2014

CELEBRAMOS O ENTROIDO TODOS XUNTOS

Este ano multiplicámonos para celebrar o entroido. Ademáis do noso cole uníronse á celebración os nosos amigos do CEIP de Viñagrande e máis os nenos e nenas das Escolas de Educación Infantil de Tremoedo e de Solobeira.
Un día para lembrar!!!


Para ver máis preme AQUÍ

luns, 10 de febreiro de 2014

RECIBIMOS Ó ALUMNADO DE VIÑAGRANDE



Hoxe luns, 10 de Febreiro, recibimos no cole ó alumnado de infantil e Primaria do CEIP de Viñagrande-Deiro. Por mor do temporal o seu colexio veuse afectado ó perder parte do tellado, polo que a Consellería de Educación decidiu reubicalos no CEIP San Bartolomé, mentres duren as obras de acondicionamento.
O alumnado de Viñagrande está agrupado en ciclos, facendo uso da aula de música, de inglés e de Educación Infantil de 5 anos .






luns, 3 de febreiro de 2014

30 DE XANEIRO - DIA DA PAZ

O dia 30 de xaneiro conmemórase o día da Paz e para celebralo organizamos actividades e xogos nos que participamos todos xuntos , para lembrar a importancia de expresións tan importantes como: colaboración, solidariedade, traballo en equipo, amizade, abrazo, ...

BUSCAMOS AS PISTAS

ATOPAMOS AS PEZAS DO CREBACABEZAS

MONTAMOS O CREBACABEZAS

COMPARTIMOS AS MENSAXES


CANTAMOS, BAILAMOS, DESFRUTAMOS TODOS XUNTOS

ABRAZÁMONOS!!!

Para ver máis preme aquí:  GALERÍA DE IMAXES