Cousas das Chans
Neste novo blog do cole trataremos de "cousas que pasan" nas Chans.
domingo, 11 de abril de 2021
A VARIANTE ESPIRITUAL DO CAMIÑO
mércores, 10 de febreiro de 2021
CALENDARIO 2021
Xa temos os calendarios listos e repartidos en cada aula.
A temática deste ano foi "OS CAMIÑOS DE SANTIAGO" e cada curso encargouse de facer dúas follas do calendario correspondentes a dous meses, adicados a cada un dos camiños.Aquí tedes o resultado en formato dixital!!!!
domingo, 15 de novembro de 2020
CONCURSO DE CONTOS DE MEDO
O ENDL, o Equipo de Biblioteca e o Equipo de Actividades Extraescolares conxuntamente organizamos no cole un "Concurso de Contos de Medo" no que houbo 3 premios por cada ciclo.
Para acceder a toda a información preme na seguinte imaxe.
luns, 2 de novembro de 2020
O SAMAÍN
Este curso celebramos o Samaín no cole dunha maneira diferente ao que estamos acostumados. Non houbo cabazas pero si houbo moitas gañas de pasalo ben. Celebrámolo nas aulas mantendo a distancia de seguridade e cumprindo todas as normas e o protocolo do Covid-19.
O ENDL fixemos este pequeno video que demostra que, a pesar das circunstancias que estamos a vivir, no cole continuamos a ter moitas gañas e ilusión por festexar as nosas celebracións.
Esperamos que vos guste moito!!!
xoves, 4 de xuño de 2020
REVISTA DON CUCO 2020
Aqui tedes o resultado!!
Facede clic no enlace ou na foto para acceder á revista:
https://issuu.com/mouchan/docs/revista_don_cuco_2020
luns, 18 de maio de 2020
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Con esass mensaxes o ENDL fixo unha montaxe de vídeo que quedou así de ben.
Que gusto da vervos de novo a tod@s ainda que sexa por medio da pantalla.Esperamos que vos guste tamén a vós!!
venres, 15 de maio de 2020
venres, 17 de abril de 2020
NON TE RENDAS
xoves, 5 de marzo de 2020
mércores, 19 de febreiro de 2020
VISITA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO
CHARLA "O CAMBIO CLIMÁTICO EN GALICIA"
mércores, 12 de febreiro de 2020
A conselleira de educación da Xunta de Galicia visita o noso cole
mércores, 5 de febreiro de 2020
DÍA DA PAZ 2020
luns, 20 de xaneiro de 2020
CALENDARIO 2020
Xa temos os calendarios listos e repartidos en cada aula.
A temática deste ano foi "Os medios de comunicación" e cada curso encargouse de facer dúas follas do calendario correspondentes a dous meses.
Aquí tedes o resultado!!!!
Aqui tedes o link para ver o calendario.
https://issuu.com/mouchan/docs/calendario_2020
luns, 13 de xaneiro de 2020
NADAL 2019
Un ano máis celebramos o Nadal no cole de Tremoedo. Aquí tedes un resumo do festival de Nadal deste ano.
Pasámolo xenial!!!
xoves, 28 de novembro de 2019
Faladoiro sobre primeiros auxilios e RCP
Fai uns días recibimos na nosa escola a membros da Cruz Vermella, que a través do Programa "Aprende a salvar vidas" formaron ao alumnado de 4º, 5º e 6º para actuar ante situacións de emerxencia. Deste xeito, coñecemos algúns protocolos a seguir ante accidentes (PAS), paradas cardiorrespiratorias (RCP) ou atragoamentos (Manobra de Heimlich). Moitas grazas á Cruz Vermella pola súa colaboración e bo facer.
martes, 26 de novembro de 2019
CROSS COMARCAL PORTAS 2019
O día 13 de novembro os cursos de 2º a 6º da escola participamos na fase comarcal de campo a través. O sol acompañounos durante toda a xornada polo que gozamos dunha xornada de deporte marabillosa xunto a outros centros da comarca. Felicitamos a tódolos rapaces e rapazas polo seu gran traballo e esforzo na proba!
luns, 25 de novembro de 2019
xoves, 21 de novembro de 2019
POLO SAN MARTIÑO TROMPOS AO CAMIÑO
Pasámolo moi ben!!!
mércores, 20 de novembro de 2019
O NOSO MAGOSTO 2019
sábado, 16 de novembro de 2019
xoves, 27 de xuño de 2019
EDUCACIÓN AMBIENTAL
xoves, 6 de xuño de 2019
DON CUCO. EDICIÓN ESPECIAL 50 ANIVERSARIO
Este ano fixemos unha edición especial para conmemorar o 50 aniversario do cole.
O vindeiro curso poderedes disfrutar dela nas mochilas viaxeiras.
Aqui a tedes!!
Quedounos xenial!!!
martes, 4 de xuño de 2019
CÓNTAME UN CONTO
- "Eu non fun!": Xefa do Departamento de Orientación.
- "A vella na botella": Mestra de Pedagoxía Terapéutica.
Os alumnos de Tremoedo tamén gravamos moitos contos:
- "Miau": alumnos de E.I (3 anos)
- "Piñeiro": alumnos de E.I (4-5 anos)
- "Ivan, o cabaleiro valente": alumnos de 1º e a súa titora
- "Queres xogar comigo": alumnos de 2º e a súa titora
- " A vella Lulula" : alumnos de 3º
- "A viaxe das bolboretas": alumnos de 4º
- "A águia e a tartaruga" (fábula): alumnos de 5º
- "A miña amiga monstruosa": alumnos de 6º
Tamén se ofreceron os pais/nais a gravar un conto titulado: "Arco da lúa".
Todos estes contos estarán á vosa disposición o curso que ven nas mochilas viaxeiras para que disfrutedes todos deles e......
A ver se adiviñades cáles son os protagonistas dos contos con só escoitar a súa voz!!!
Aqui tedes unha mostra do que fixeron os nosos pequechos de infantil. Para escoitar o resto de contos teredes que agardar ao vindeiro curso.
sábado, 18 de maio de 2019
LETRAS GALEGAS 2019
CANTO APRENDEMOS SOBRE ANTÓN FRAGUAS!!!
AQUÍ TEDES O RESULTADO!!!!