luns, 9 de xuño de 2014

PROGRAMA VOZ NATURA

Foi concedido o programa Voz Natura para o vindeiro curso  2014-2015
Este ano, dende o colexio e  coa colaboración de varios mestres e  membros da ANPA , elaborouse un proxecto para participar na 18ª edición deste programa, que se convoca tódolos anos co fin de  mellorar o noso entorno e colaborar no coidado do medio ambiente.
Co título: "Somos o que comemos: agricultura ecolóxica na escola" o noso proxecto resultou seleccionado. Trataremos de por en funcionamento o horto escolar aproveitando os espazos verdes cos que conta o centro, e un invernadoiro onde colleitaremos cultivos ecolóxicos.