sábado, 12 de novembro de 2016

"POLO SAN MARTIÑO, TROMPOS AO CAMIÑO"

O 11 de novembro celebramos no cole o "San Martiño" e, como manda o refrán, todos os nenos en compañía dos seus familiares, bailaron os trompos no patio. 
Aqui tedes un video dese momento. Pasámolo de maravilla!!



Ademais fixemos tamén unha exposición de "Trompos decorados" que nos quedou moi chula.






SAMAIN

O 28 de outubro celebramos o Samain no cole. 

Mirade que ben o pasamos!!!


IV CONCURSO DE RELATOS DE TERROR

Dende o Equipo de Normalización Lingüística por cuarto ano consecutivo fixemos o "Concurso de relatos de terror".

 Os alumnos/as realizaron os relatos nas súas casas coa axuda dos seus pais/nais.A  entrega dos premios fíxose ao remate da celebración do Samaín (29 de outubro).

Todos os participantes recibiron un marcapáxinas de agasallo e os mellores relatos foron premiados con libros. 

Déronse 3 premios individuais:

-  Manuel (1º) co conto "Roi e a Santa Compaña".
-  Ana (3º) co conto "A invasión das meigas".

-  Berta (6º) co conto "Cousa de soños". 

E un premio grupal "A maior participación" que foi para os alumnos e alumnas de 5º.




                   







Con todos estes contos fixemos un libro que formará parte da biblioteca do centro.

MIRADE QUE BONITIÑO QUEDOU!!!!








CASIÑA DON CUCO

Xa está lista a "Casiña de Don Cuco"!!!!

As titorías realizaron un traballo de investigación sobre “Festas gastronómicas na comarca do Salnés" e recompilaron a información nunha cartolina que está colgada no taboleiro da “Casiña de Don Cuco”.

Os diferentes cursos fixeron a seguinte elección de festas gastronómicas para traballar nas aulas:
E.I .- Festa da cebola en Sanxenxo .             
1º .- Festa do marisco do Grove .
2º .- Festa do bolo de pascua de Paradela.   
3º .- Festa da ameixa de Carril.
4º .- Festa dos callos en Mosteiro.   
5º .- Festa do mexilón e berberecho en Vilanova.
6º .- Festa do albariño en Cambados.

Mirade que bonita nos quedou!!!!



Ao final de curso, o ENDL fará un libro coas cartolinas que quedará na biblioteca a disposición de todo aquel que desexe consultalo.