Dende o Equipo de Normalización Lingüística por cuarto ano consecutivo fixemos o "Concurso de relatos de terror".
Os alumnos/as realizaron os relatos nas súas casas coa axuda dos seus pais/nais.A entrega dos premios fíxose ao remate da celebración do Samaín (29 de outubro).
Todos os participantes recibiron un marcapáxinas de agasallo e os mellores relatos foron premiados con libros.
Déronse 3 premios individuais:
- Manuel (1º) co conto "Roi e a Santa Compaña".
- Ana (3º) co conto "A invasión das meigas".
- Berta (6º) co conto "Cousa de soños".
E un premio grupal "A maior participación" que foi para os alumnos e alumnas de 5º.
Con todos estes contos fixemos un libro que formará parte da biblioteca do centro.
MIRADE QUE BONITIÑO QUEDOU!!!!
MIRADE QUE BONITIÑO QUEDOU!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario