martes, 21 de febreiro de 2017

VISITA "COÑECE O TEU SUPER"

O 9 de febreiro os nenos de 4º, 5º e 6º realizamos unha visita guiada ao supermercado EROSKI. 
Tivemos unha charla moi interesante sobre alimentación no colexio ás 10:30 h e logo fíxose a visita ao supermercado con actividades e xogos sobre alimentación, unha merenda para todos e unha foto conxunta.
Aprendemos moitas cousiñas interesantes sobre alimentación!!!
Pasámolo xenial!!!


luns, 6 de febreiro de 2017

DIA DA PAZ (2ª PARTE)

Aqui tedes outro vídeo da celebración.





E tamén unhas fotos feitas


DIA DA PAZ 2017

O luns 30 de xaneiro celebramos o "Día da Paz" no campo de fútbol do Terrón con todos os colexios do Concello de Vilanova de Arousa (CEIP Xulio Camba, CEIP San Roque de Corón, CEIP de Baión, CEIP San Bartolomé e CEIP Viñagrande- Deiro). 
 Fixemos as seguintes actividades:
  • Lectura dun manifesto pola paz e non violencia.
  • Exhibición conxunta da coreografía da canción “Quérote máis” do grupo Sonoro Maxín.
  • Realización conxunta dun gran mural da paz, na que todos os centros aportaron as súas correspondentes pezas do mural.
  • Donación a Cáritas de alimentos non perecedeiros.

Pasámolo moi bennnn!!!!

Día da Paz Vilanova de Arousa 2017 from Elite Fotografía on Vimeo.

Aqui tedes algúns enlaces relacionados:

La voz de Galicia
As novas do día en Tele Salnes
Diario de Arousa
Faro de Vigo