luns, 10 de febreiro de 2014

RECIBIMOS Ó ALUMNADO DE VIÑAGRANDE



Hoxe luns, 10 de Febreiro, recibimos no cole ó alumnado de infantil e Primaria do CEIP de Viñagrande-Deiro. Por mor do temporal o seu colexio veuse afectado ó perder parte do tellado, polo que a Consellería de Educación decidiu reubicalos no CEIP San Bartolomé, mentres duren as obras de acondicionamento.
O alumnado de Viñagrande está agrupado en ciclos, facendo uso da aula de música, de inglés e de Educación Infantil de 5 anos .






luns, 3 de febreiro de 2014

30 DE XANEIRO - DIA DA PAZ

O dia 30 de xaneiro conmemórase o día da Paz e para celebralo organizamos actividades e xogos nos que participamos todos xuntos , para lembrar a importancia de expresións tan importantes como: colaboración, solidariedade, traballo en equipo, amizade, abrazo, ...

BUSCAMOS AS PISTAS

ATOPAMOS AS PEZAS DO CREBACABEZAS

MONTAMOS O CREBACABEZAS

COMPARTIMOS AS MENSAXES


CANTAMOS, BAILAMOS, DESFRUTAMOS TODOS XUNTOS

ABRAZÁMONOS!!!

Para ver máis preme aquí:  GALERÍA DE IMAXES