sábado, 17 de decembro de 2016

Panxoliña


SEMANA DA TRADICIÓN ORAL

Para festexar no cole a "Semana da Tradición Oral", os 3 gañadores do Concurso de Relatos de Terror, fixeron unha representación dos seus contos para todos os alumnos do cole.



venres, 16 de decembro de 2016

MAGOSTO

Como cada curso celebramos o Magosto no cole.
Houbo xogos populares e, como non a degustación de castañas.
Pasámolo de maravilla!!!



sábado, 12 de novembro de 2016

"POLO SAN MARTIÑO, TROMPOS AO CAMIÑO"

O 11 de novembro celebramos no cole o "San Martiño" e, como manda o refrán, todos os nenos en compañía dos seus familiares, bailaron os trompos no patio. 
Aqui tedes un video dese momento. Pasámolo de maravilla!!



Ademais fixemos tamén unha exposición de "Trompos decorados" que nos quedou moi chula.






SAMAIN

O 28 de outubro celebramos o Samain no cole. 

Mirade que ben o pasamos!!!


IV CONCURSO DE RELATOS DE TERROR

Dende o Equipo de Normalización Lingüística por cuarto ano consecutivo fixemos o "Concurso de relatos de terror".

 Os alumnos/as realizaron os relatos nas súas casas coa axuda dos seus pais/nais.A  entrega dos premios fíxose ao remate da celebración do Samaín (29 de outubro).

Todos os participantes recibiron un marcapáxinas de agasallo e os mellores relatos foron premiados con libros. 

Déronse 3 premios individuais:

-  Manuel (1º) co conto "Roi e a Santa Compaña".
-  Ana (3º) co conto "A invasión das meigas".

-  Berta (6º) co conto "Cousa de soños". 

E un premio grupal "A maior participación" que foi para os alumnos e alumnas de 5º.




                   







Con todos estes contos fixemos un libro que formará parte da biblioteca do centro.

MIRADE QUE BONITIÑO QUEDOU!!!!








CASIÑA DON CUCO

Xa está lista a "Casiña de Don Cuco"!!!!

As titorías realizaron un traballo de investigación sobre “Festas gastronómicas na comarca do Salnés" e recompilaron a información nunha cartolina que está colgada no taboleiro da “Casiña de Don Cuco”.

Os diferentes cursos fixeron a seguinte elección de festas gastronómicas para traballar nas aulas:
E.I .- Festa da cebola en Sanxenxo .             
1º .- Festa do marisco do Grove .
2º .- Festa do bolo de pascua de Paradela.   
3º .- Festa da ameixa de Carril.
4º .- Festa dos callos en Mosteiro.   
5º .- Festa do mexilón e berberecho en Vilanova.
6º .- Festa do albariño en Cambados.

Mirade que bonita nos quedou!!!!



Ao final de curso, o ENDL fará un libro coas cartolinas que quedará na biblioteca a disposición de todo aquel que desexe consultalo. 

domingo, 5 de xuño de 2016

REVISTA ESCOLAR "DON CUCO"

Como tódolos anos dende o ENDL elaboramos a Revista Escolar "Don Cuco" cos traballos aportados por todas as titorías e especialidades.
O vindeiro curso poderedes disfrutar dela nas mochilas viaxeiras.

AQUI A TEDES!!
QUEDOUNOS MOI BEN!!


venres, 3 de xuño de 2016

DÍA DAS LETRAS GALEGAS (17 DE MAIO)

O venres 20 de maio dende a biblioteca realizouse a actividade "Despiste QR Mouchán" que consistía nun xogo de preguntas e respostas sobre a vida e obra de Manuel María nas que se utilizaron códigos QR que os alumnos tiveron que decodificar e resolver para conseguir as pezas de diferentes puzzles cos que fixemos un gran mural sobre o homenaxeado.
O luns 23 e o martes 24 tódalas titorías baixaron por turnos para completar ese mural con poemas, frases, debuxos, obras,opinións persoais, etc...


CANTO APRENDEMOS SOBRE MANUEL MARÍA!!!
AQUÍ TEDES O RESULTADO!!!!


martes, 31 de maio de 2016

OS MAIOS

Como tódolos anos, no cole de Tremoedo celebramos os maios.
 Pasámolo de maravilla!!
Como sempre decoramos o maio entre todos e os nenos/as de 6º cantaron as coplas do maio.
Os nenos/as de 5º fixeron a coroa do maio, que este ano quixemos adicar a Don Miguel de Cervantes Saavedra, xa que conmemoramos o catrocentos aniversario do seu falecemento.

Mirade que bonitiño nos quedou!!!
Estamos feitos uns artistas!!!


                        




martes, 10 de maio de 2016

"CÓNTAME UN CONTO". PROFESORADO, ALUMNADO E PAIS/NAIS

Este curso dende o ENDL volvemos a gravar contos cos profes.
Os contos que se gravaron son os seguintes:

-  "Qué lle pasou ao coelliño".
- "O homiño de papel".
- "O peixiño vermello"

Os alumnos de Tremoedo tamén gravamos moitos contos. Son os seguintes:

"A toupiña": alumnos de E.I
- "Paxariña de papel": alumnos de E.I
- "Os esqueletos": alumnos de 1º
- "Carapuchiña vermella": alumnos de 2º
-  "O pito Cairo" : alumnos de 3º
"Os Chivos Chivóns" : alumnos de 3º
- "Unha parella diferente": alumnos de 4º
- "O Lazarillo": alumnos de 5º
-  Poemas "A pulga e o piollo" e "O mar": alumnos de 6º
- "Cantarela dos nenos": alumnos de 6º

Tamén se ofreceron os pais/nais a gravar un conto titulado: "Croco"

Todos estes contos estarán á vosa disposición o curso que ven nas mochilas viaxeiras para que disfrutedes todos deles e......

A ver se adiviñades cáles son os protagonistas dos contos con só escoitar a súa voz!!!

E comprobaredes que pedazo de artistas temos no cole de Tremoedo!!!





mércores, 6 de abril de 2016

24 de Febreiro. "DÍA DE ROSALÍA"

"UN POEMA E UNHA FLOR"

Para conmemorar o nacemento de Rosalía de Castro (24 de Febreiro) realizamos en todo o centro  a actividade "Un poema e unha flor"que consistiu en:
- A partires dunha estrofa dun poema de Rosalía, cada neno elaborou outra estrofa coa que posteriormente fixo unha postal decarada ao seu gusto.
- Cada neno elaborou tamén unha flor de papel.
- Por último, en cada aula fíxose o xogo do amigo invisible para que os nenos intercambien os seus respectivos poemas e flores cos compañeiros.
- Tamén elaboramos un gra mural adicado a Rosalía.



Mirade que ben nois quedaron as postais e as flores!!!!










Con todos estes poemas inventados polos nenos farase un libro  titulado "Nós tamén somos Rosalía", que formará parte da biblioteca do centro.

ASÍ QUEDOU DE BONITO!!!!

                    


















martes, 8 de marzo de 2016

Día da Muller Traballadora II

Entrevista a profe de E.F. e Aída García López

Nome: Araceli
Idade: Moitos 
Procedencia: (Home!) Cambadesa
Profesión: Mestra

Con cantos anos empezaches nisto do deporte?
Daquela en 4º de EXB... Empecei en baloncesto na escola do Xuven de Cambados.

Por que empezaches a practicalo?
Porque o ofertaron no cole para facer un equipo feminino.


Que deportes practicas?
Esgrima, bádminton e pachangas con vellas glorias do basquet.

Tes adestrador/a?
Claro! E sobre todo agora que hai moito voluntario.

Adestras soa ou en equipo?
Equipo, sempre equipo aínda sendo un deporte individual.

Que é para ti o deporte?
1ª Pasalo ben.
2º Suar a camiseta.
3ªAprender algo

Que adicación require?
Despois do traballo, familia e amigos/as o que ti queiras adicarlle.

Lévase ben compaxinar deporte, traballo e familia?
Sempre hai que facer "amaños" pero o meu traballo e amigos están relacionados.


Unha muller ten que deixar de ser deportista ao ser nai ou  hai igualdade?
Ser deportista é igual que ser muller: es ou non es. Agora, o curso da vida deportiva é igual co curso do Guadiana...

Canto tempo cres que lle adica a xente da túa idade ao deporte?
Hai de todo coma en botica... tamén depende das modas e das tendencias...

Que beneficios apórtache o deporte?
Menos económicos... todos!

Gañache algunha medalla ou copa?
Algunha...

En que competicións desfrutaches máis?
Nas ligas ocio que teñen o compoñente máis lúdico e socializador.

Ídolos deportivos?
Os que non están no MARCA e estiveron, están e estarán aí.


 

Día da muller traballadora I

Entrevista a Aída García López e a nosa profe de E.F.

Nome: Aída García López
Idade: 41
Procedencia: Santander, Cantabria.
Profesión: Monitora deportiva y socorrista.

Con cantos anos empezaches a facer deporte?
Oficialmente creo que a los ocho años pero desde que nací fui haciendo deporte: bicicleta, patines, patinete, fútbol, carreras populares, juegos deportivos de niños en la calle.

Por que? 
No hay un porqué. Simplemente me divierte y me hace sentir ágil, joven, fuerte y capaz. 
Empecé a jugar al hockey a los 8 años porque mi padre jugaba.
Que deportes prácticas?
Fui jugadora profesional de hockey  20 años y ahora oficialmente practico duatlón y triatlón.

Tes adestrador/a?
Soy mi propia entrenadora.

 Adestras soa ou en equipo?
Sola.

Que é para ti o deporte?
Es todo, es mi ritmo de vida, mi salud, mi diversión. Se ha convertido en mi trabajo y es mi aporte para los demás, ¡me encanta enseñarlo!

Que adicación require?
Requiere conocimientos, preparación física, mental, mucho entrenamiento; según el nivel, si no solo ganas.

Tes fillas/os?
Sí, dos hijas.

Lévase ben compaxinar deporte, traballo, familia?
Yo lo he compaginado siempre porque para mí el deporte es mi vida pero existen dificultades. Yo llevaba a mi hija a competir conmigo para poder darle el pecho y era habitual que a la gente le pareciese mal.

Unha muller ten que deixar de ser deportista ao ser nai ou hai igualdade?
Desde luego que no hay igualdad. Me han recriminado muchas veces que no lo dejara y que no era normal que su padre (figura masculina) cuidara de las niñas en vez de hacerlo yo, que hago cosas de hombre.

Canto tempo cres que lle adica a xente da túa idade ao deporte?
Muy poco tiempo por desgracia porque ya desde el colegio no se valora ni se enseña a valorarlo, disfrutarlo y cuidar de tu propio cuerpo.

Que beneficios apórtache o deporte?
Salud, alegría, diversión, trabajo, conocer gente, viajar y conocer sitios.

Gañache algunha medalla ou copa?
En hockey muchas. He ganado en equipo campeonatos de España varias veces.En triatlón llevo ganado bastantes. He quedado campeona gallega veterana. También gano muchas carreras, trails, duatlones.

En que competicións desfrutaches máis?
Disfruto en todas, todas son diferentes, conoces a gente y te enfrentas a retos.

Ídolos deportivos?
Gemma Mengual, Javier Gómez Noya.

http://www.lavozdegalicia.es/m/album/arousa/a-illa-de-arousa/2015/07/05/travesia-nado-areoso/01101436119905591971377.htm
Travesía A Illa

http://www.lavozdegalicia.es/m/noticia/pontevedra/2015/06/01/millar-corredores-fin-solidario/0003_201506P1C3995.htm
Carreira Vilagarcía

http://www.valminortv.com/#!Alejandro-%C3%81lvarez-e-A%C3%ADda-Garc%C3%ADa-conseguen-a-vitoria-no-IV-Triatl%C3%B3n-Popular-de-Baiona/c1nni/55b4e3560cf25466c2a9c2c2
Triatlon Popular Baiona

martes, 23 de febreiro de 2016

Entroido

Este ano celebramos o Entroido e disfrazámonos todos de "choqueiros". Cada aula levaba un detalle no corpo feito de papel:
E.I.- boinas e paños na cabeza.
1º.- reloxos
2º.- paxarelas e abanos.
3º.- puchos.
4º.- carautas.
5º.- sombreiros de copa e parasois
6º.- colgantes.
 Fixemos un desfile no pavillón e degustamos doces e postres típicos de entroido que trouxeron os pais/nais.

Aqui tedes unha mostra do ben que o pasamos!!!

martes, 2 de febreiro de 2016

Día da Paz


 O programa "Boas tardes" , da TVG, ofrécenos uns minutiños máis, do día da Paz.

http://89795611bc93bad5cee9-9bad1dec1ee7412e10a37569dd34a223.r51.cf2.rackcdn.com/Reloj.jpg
Agardade ao minuto 31:46 e disfrutade!

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/boas-tardes-55






luns, 1 de febreiro de 2016

"DIA DA PAZ"

O venres 29 de xaneiro celebramos o "Día da Paz" no campo de fútbol do Terrón con todos os colexios do Concello de Vilanova de Arousa (CEIP Xulio Camba, CEIP San Roque de Corón, CEIP de Baión, CEIP San Bartolomé e CEIP Viña Grande- Deiro). 
 Fixemos as seguintes actividades:

  • Lectura dun manifesto pola paz e non violencia por centro.
  • Exhibición conxunta da coreografía da canción “Bajo el mismo sol” de Álvaro Soler e Jennifer López.
  • Solta de globos dos nenos e nenas de Educación Infantil.
  • Solta de pombas.


Pasámolo moi bennnn!!!!



Dia da Paz 2016 from Elite Fotografía on Vimeo.

martes, 26 de xaneiro de 2016

Preparación do día da Paz

Comunicado de prensa



Os cinco centros escolares de infantil e primaria que existen en Vilanova deseñaron un amplo programa de actividades para celebrar o Día Internacional dá Paz, que desenvolveranse o vindeiro venres nas inmediacións do campo de fútbol de O Terrón.

As actividades comezarán a partir das 11:00 horas, cando está previsto que cheguen os alumnos dos colexios Xulio Camba de Vilanova, San Roque de Corón, Viñagrande de San Miguel de Deiro, Samertolomeu de Tremoedo e Sestelo de Baión. En total, serán uns 900 nenos/as no campo de fútbol de O Terrón nun acto que vai resultar multitudinario.

Unha vez nas instalacións deportivas, procederase á lectura dun manifesto por parte dos alumnos de cada colexio. Neses manifestos farase fincapé nas ideas ou proxectos que se estiveron traballando en cada un dos centros, antes de comezar a executar unha coreografía con todos os nenos. O acto finalizará coa solta de globos e pombas por parte dos alumnos de infantil.

Os manifestos introduciranse nunha botella, aínda que non está previsto botalas ao mar por cuestións ambientais obvias, senón que se gardarán en cada centro como exemplo do que debe significar a convivencia, un dos conceptos máis importantes da paz.

Nuria Santiago, profesora de Educación Física no colexio San Roque de Corón, explicaba onte que este encontro xestouse por mor das boas relacións que manteñen os cinco centros que existen en Vilanova. "Tras acordar a celebración deste evento, todos coincidimos en que o mellor lugar para iso, tanto por espazo como por facilidades para chegar nos autobuses, era o campo de fútbol de "O Terrón", explica. Unha vez comunicado o acto ao Concello de Vilanova, este "puxo todas as facilidades" tanto de persoal como loxísticas para levar a cabo unha xornada de convivencia entre alumnos e profesores dos diferentes centros de Vilanova.

O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, lembrou que xa se viviron exemplos de convivencia entre estes centros, en especial a finais de 2014, cando un temporal levou por diante o tellado do colexio Viñagrande de San Miguel de Deiro e os seus alumnos tiveron que ser recolocados, durante unha semana, no centro de Tremoedo.

Ademais, Santiago lembrou que o pasado ano "fixemos unha andaina até Monte Lobeira, onde os alumnos e profesores realizaron unha serie de localizacións xeográficas pero cuxo valor principal era o da convivencia".
A. Gago, Faro de Vigo


venres, 22 de xaneiro de 2016

"CALENDARIO 2016"

Xa temos o novo calendario nas aulas!!!!
Entre todas as aulas elaboramos un calendario coa temática “As mulleres escritoras galegas”.  
 Mirade que bonitiño nos quedou.





"III CONCURSO DE RELATOS DE TERROR"

Dende o Equipo de Normalización lingüística por terceiro ano consecutivo fixemos o "Concurso de relatos de terror".
 Os alumnos/as realizaron os relatos nas súas casas coa axuda dos seus pais/nais.
Todos os participantes recibiron un marcapáxinas de agasallo e os mellores relatos foron premiados con libros. 
Déronse 3 premios individuais e dous premios grupais “a mellor presentación e orixinalidade” e “a maior participación grupal”.
A  entrega dos premios fíxose ao remate da celebración do Samaín (29 de outubro).
Estes son os premios entregados:



Todos os relatos participantes recolleranse nun libro que pasará a formar parte da biblioteca do centro para a súa consulta.

Mirade como como quedaron!!!!








"CASIÑA DON CUCO".

Xa está lista a "Casiña de Don Cuco"!!!!

As titorías realizaron un traballo de investigación sobre “As mulleres escritoras galegas” nas diferentes épocas da historia (literatura galego-portuguesa, Século XIX e Século XX) e recompilaron a información nunha cartolina que está colgada no taboleiro da “Casiña de Don Cuco”.
Os diferentes cursos fixeron a seguinte elección de escritoras galegas para traballar nas aulas:
E.I .- Fina Casalderrey.                                 1º .- Helena Villar Janeiro.
2º .- Marilar Alexandre.                                  3º .- Concepción Arenal.
4º .- Emilia Pardo Bazán.                              5º .- Rosalia de Castro.
6º .- Marica Campo.

Mirade que bonita nos quedou!!!!

Ao final de curso, o ENDL fará un libro coas cartolinas que quedará na biblioteca a disposición de todo aquel que desexe consultalo.