Para fomentar a tradición, organizamos unha exposición de postais de Nadal cun desexo para o novo ano. O resultado non podía ser mellor, graciñas pola vosa participación.
Como tódolos anos celebramos o Festival de Nadal no cole, coa visita dos Reis Magos e e coa interpretación de diferentes panxoliñas e a representación dunha obra de teatro. Mirade que ben o pasamos!!!
Este ano os nenos/as de tremoedo colaboraron na decoración do escenario para a celebración do Festival de Nadal. Cada neno/a decorou unha bola de Nadal na súa casa coa colaboración e axuda dos seus pais/nais. O resultado de este traballo foi espectacular. Aqui vos deixo as fotos de todo este traballo para que comprobedes o bonitas que quedaron todas as bolas de Nadal.