Na semana do 8 ao 12 de maio celebramos no cole a "Semana das Letras Galegas". Organizáronse diversas actividades conmemorativas adicadas a Carlos Casares durante
toda a semana (exposición
de libros, realización de murais alusivos, lecturas nas titorías
relacionadas co autor, etc,...).
Dende
as casas e, coa colaboración das familias, cada neno/a trouxo un
cartel alusivo reinvindicando o uso da Lingua Galega. Todos estes
carteis están expostos no corredor de dirección baixo o título: "En galego".
Tamén
fixemos a actividade “A miña foto galega”. Cada alumno/a
trouxo da casa unha fotografía no que o sitúe nalgún lugar de
Galicia. Fixemos un gran mapa de Galicia e fomos colocando todas esas fotografías que aportaron os nenos/as ao longo de
toda a semana. O obxectivo da actividade consistía en que os nenos coñeceran Galicia a través das súas fotos.
CANTO APRENDEMOS SOBRE CARLOS CASARES!!!
AQUÍ TEDES O RESULTADO!!!!