martes, 16 de novembro de 2021

O MAGOSTO

 Coa chegada do outono celebramos o Día do trompo e o Magosto.

Diseño de Almudena

mércores, 3 de novembro de 2021

QUE MEDO!!!

Coa chegada do Samaín o Equipo de Biblioteca e EDLG organizamos un concurso de relatos de medo. Aquí podedes ver os mellores. Mil grazas por participar!

relatos de medo de Almudena

xoves, 3 de xuño de 2021

REVISTA DON CUCO 2021

 Como tódolos anos dende o ENDL elaboramos a Revista Escolar "Don Cuco" cos traballos aportados por todas as titorías e especialidades.


Aqui tedes o resultado!!

Facede clic no enlace ou na foto para acceder á revista:

sábado, 29 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS 2021

 Este ano a autora homenaxeado o día das Letras Galegas foi Xela Arias Castaño. Organizáronse diversas actividades nas aulas adicadas a autora. Fíxoseun mural cun ACRÓSTICO coas letras de Xela Arias. 

 Por outro lado, cada alumn@ fará un debuxo sobre Xela Arias que se expuxeron tamén nun gran mural.

CANTO APRENDEMOS SOBRE XELA ARIAS!!!
AQUÍ TEDES O RESULTADO DOS MURAIS. QUEDARON MOI CHULOS!!!




mércores, 12 de maio de 2021

BRAULIOTUBER

No seguinte enlace podedes ver o programa dos Bolechas da televisión de galicia que leva por nome "Brauliotuber", que gravamos o curso pasado con moita ilusión. 

Temos uns grandes artistas comunicadores no noso cole. 

MIRADE QUE BEN O FIXERON, PARECEN PROFESIONAIS!!

 http://www.crtvg.es/infantil/programas/braulio-tuber/braulio-tuber-iii-116-4746475


                                           (premede no enlace ou na imaxe para ver o video)

domingo, 11 de abril de 2021

A VARIANTE ESPIRITUAL DO CAMIÑO

A Variante Espiritual é a temática de Voz Natura deste curso, polo que decidimos elaborar unha guía sobre ela. Despois de moito indagar este foi o resultado.

Bright and Sunny Daily Agenda Slide de Almudena

mércores, 10 de febreiro de 2021

CALENDARIO 2021

 Xa temos os calendarios listos e repartidos en cada aula.

A temática deste ano foi "OS CAMIÑOS DE SANTIAGO" e cada curso encargouse de facer dúas follas do calendario correspondentes a dous meses, adicados a cada un dos camiños.

Aquí tedes o resultado en formato dixital!!!! 
       (para velo preme no enlace ou na imaxe)
                                        CALENDARIO 2021



O ENDL realizou tamén un vídeo do calendario. Mirade que bonito nos quedou!!