Hoxe luns, 10 de Febreiro, recibimos no cole ó alumnado de infantil e Primaria do CEIP de Viñagrande-Deiro. Por mor do temporal o seu colexio veuse afectado ó perder parte do tellado, polo que a Consellería de Educación decidiu reubicalos no CEIP San Bartolomé, mentres duren as obras de acondicionamento.
O alumnado de Viñagrande está agrupado en ciclos, facendo uso da aula de música, de inglés e de Educación Infantil de 5 anos .
Que ben o pasamos eses días... Hai que ver o lado positivo das cousas. Os nenos tiveron unhas vivencias especiais...
ResponderEliminarTamén hai que agradecerlle é darlles as grazas as os profesores ,directora , etc... por poder traer a eses nenos e nenas a pásalo ben no noso colexio e tamén nos poder coñecer nen@s nov@s e disfrutar con eles .
ResponderEliminar