xoves, 28 de novembro de 2019
Faladoiro sobre primeiros auxilios e RCP
Fai uns días recibimos na nosa escola a membros da Cruz Vermella, que a través do Programa "Aprende a salvar vidas" formaron ao alumnado de 4º, 5º e 6º para actuar ante situacións de emerxencia. Deste xeito, coñecemos algúns protocolos a seguir ante accidentes (PAS), paradas cardiorrespiratorias (RCP) ou atragoamentos (Manobra de Heimlich). Moitas grazas á Cruz Vermella pola súa colaboración e bo facer.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Grazas por traer este tipo de cousas.
ResponderEliminarAna 6