venres, 2 de marzo de 2018

24 de febreiro "DIA DE ROSALÍA"


Celebrouse durante a semana do 19 ao 23 de febreiro. O ENDL fixo unha selección de diferentes poetas galegos de todos os tempos e facilitou ás titorías o material necesario para traballar nas aulas. 
En E.I, 1º e 2º os nenos ilustraron cun debuxo os poemas elexidos por eles e en 3º, 4º, 5º e 6º fixeron unha caricatura da ilustración dos poemas.
Con todos estes traballos fíxose un libro que formará parte do fondo da biblioteca do centro co título: “Ilustramos aos nosos poetas”.
 Os poetas seleccionados para cada curso son os seguintes:
·        Educación Infantil: García Teijeiro ( 2 poemas).
·        1º de E.P: Helena Villar Janeiro, Gloria Sánchez (2 poemas).
·        2º de E.P: Fran Alonso, Ana M.ª Fernández, Anisia Miranda /Neira Vilas (3 poemas).
·        3º de E.P: Amado Carballo, Noriega Varela, Xosé M.ª Álvarez Blázquez, Luís Pimentel (4 poemas).
·        4º de E.P: Rosalía de Castro, Emilio Pita, Manuel María, Aquilino Iglesia Alvariño (4 poemas).
·        5º de E.P: Curros Enríquez, Álvaro Cunqueiro, Cabanillas, Celso Emilio Ferreiro (4 poemas).
·        6º de E.P: Eduardo Pondal, María Mariño (2 poemas). 
Aqui tedes unha mostra do bonito que nos quedou o libro:



























mércores, 31 de xaneiro de 2018

martes, 9 de xaneiro de 2018

Resumo do Nadal

TEATRO DE NADAL

Os alumnos de 6º representaron durante o festival de Nadal unha obra de teatro titulada "A Berenguela. A Historia dunha espiña de toxo".
Aqui tedes un video para que vexades que pedazo de actores temos en Tremoedo.


CALENDARIO 2018

Xa temos os calendarios listos e repartidos en cada clase.
A temática deste ano é "Coñece o túa contorna" e cada curso encargouse de facer dúas follas do calendario correspondentes a dous meses e de escoller o Patrimonio Artístico a traballar en cada aula.
Así quedou de bonitiño o noso calendario!!!!



domingo, 12 de novembro de 2017

DIA DO TROMPO (SAN MARTIÑO)

O 9 de novembro celebramos o Dia de San Martiño no cole. Bailamos os trompos e fixemos unha exposición de trompos decorados.
Aqui tedes unhas fotos e un video para que vexades o ben que o pasamos.















sábado, 11 de novembro de 2017

Cantando no Magosto

Has de cantar,
que che hei de dar zonchos;
has de cantar,
que che hei de dar moitos.
                      Rosalía de Castro (Cantares galegos)


Magosto 2017



mércores, 1 de novembro de 2017

Ambientación Samaín e Halloween



Halloween 2017

                                                                                                                                                                                                      Fotos: ENDL Montaxe: Extraescolares

Samaín 2017


 Fotos: ENDL Montaxe: Extraescolares

luns, 5 de xuño de 2017

REVISTA DON CUCO 2017

Como tódolos anos dende o ENDL elaboramos a Revista Escolar "Don Cuco" cos traballos aportados por todas as titorías e especialidades.
O vindeiro curso poderedes disfrutar dela nas mochilas viaxeiras.

AQUI A TEDES!!
QUEDOUNOS MOI BEN!!


xoves, 11 de maio de 2017

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (DO 8-12 DE MAIO)

Na semana do 8 ao 12 de maio celebramos no cole a "Semana das Letras Galegas". Organizáronse diversas actividades conmemorativas adicadas a Carlos Casares durante toda a semana (exposición de libros, realización de murais alusivos, lecturas nas titorías relacionadas co autor, etc,...). 
Dende as casas e, coa colaboración das familias, cada neno/a trouxo un cartel alusivo reinvindicando o uso da Lingua Galega. Todos estes carteis están expostos no corredor de dirección baixo o título: "En galego".
Tamén fixemos a actividade “A miña foto galega”. Cada alumno/a trouxo da casa unha fotografía no que o sitúe nalgún lugar de Galicia. Fixemos un gran mapa de Galicia e fomos colocando todas esas fotografías que aportaron os nenos/as ao longo de toda a semana. O obxectivo da actividade consistía en que os nenos coñeceran Galicia a través das súas fotos.


CANTO APRENDEMOS SOBRE CARLOS CASARES!!!
AQUÍ TEDES O RESULTADO!!!!











martes, 9 de maio de 2017

"CÓNTAME UN CONTO"

Este curso dende o ENDL volvemos a gravar contos cos profes.

- "Cocorico": Xefa do Departamento de Orientación.
- "A caixa do tesouro": Mestra de Pedagoxía Terapéutica.
- "O grúfalo": Titora de 1º.

Os alumnos de Tremoedo tamén gravamos moitos contos:

"Lúa": alumnos de E.I
"Gústame o chocolate": alumnos de 1º
"A eiruga larpeira": alumnos de 2º
- "Adiviñas" : alumnos de 3º
- "O cociñeiro Martiño": alumnos de 4º e a súa titora.
"Chistes de colexio": alumnos de 5º
- "Poemas do mar": alumnos de 6º
- "Maruxa": alumnos de 3º

Tamén se ofreceron os pais/nais a gravar un conto titulado: "Sopa de nada".

Todos estes contos estarán á vosa disposición o curso que ven nas mochilas viaxeiras para que disfrutedes todos deles e......

A ver se adiviñades cáles son os protagonistas dos contos con só escoitar a súa voz!!!

Aquí tedes unha proba do pedazo de artistas que temos no cole de Tremoedo!!!


"Chistes de colexio": alumnos de 5º



"Lúa": alumnos de E.I

martes, 2 de maio de 2017

OS MAIOS

Como tódolos anos, no cole de Tremoedo celebramos os maios.
Como sempre decoramos o maio entre todos e os nenos/as de 6º cantaron as coplas do maio.
Os nenos/as de 5º fixeron a coroa do maio, un mouchan cociñeiro, xa que este ano o noso proxecto vai sobre "A alimentación no mundo".

Mirade que bonitiño nos quedou!!!
Estamos feitos uns artistas!!!













sábado, 4 de marzo de 2017

ENTROIDO 2017

O venres 24 de febreiro celebramos o Entroido no cole e disfrazámonos todos de "choqueiros". Cada ciclo levaba disfraces relacionados co proxecto deste curso que é "A alimentación no mundo". Así: os nenos/as de E.I disfrazáronse de peixeiras, os nenos/as de 1º e 2º de camareiros/as, os de 3º e 4º de deportistas a dieta e os nenos de 5º e 6º de cociñeiros/as. Fixemos un desfile no pavillón e degustamos doces e postres típicos de entroido que trouxeron os pais/nais, ademáis de decorar e ambientar o lugar para a celebración.

  Aqui tedes unha mostra do ben que o pasamos!!!