O venres 24 de febreiro celebramos o Entroido no cole e disfrazámonos todos de "choqueiros". Cada ciclo levaba disfraces relacionados co proxecto deste curso que é "A alimentación no mundo". Así: os nenos/as de E.I disfrazáronse de peixeiras, os nenos/as de 1º e 2º de camareiros/as, os de 3º e 4º de deportistas a dieta e os nenos de 5º e 6º de cociñeiros/as.
Fixemos un desfile no pavillón e degustamos doces e postres típicos de entroido que trouxeron os pais/nais, ademáis de decorar e ambientar o lugar para a celebración.
Aqui tedes unha mostra do ben que o pasamos!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario