O pasado venres 15 de novembro celebramos o Magosto no centro. Participou toda a comunidade educativa na degustación das castañas asadas e disfrutamos dos xogos populares como todos os anos.
Pasámolo xenial!!!
O pasado venres 15 de novembro celebramos o Magosto no centro. Participou toda a comunidade educativa na degustación das castañas asadas e disfrutamos dos xogos populares como todos os anos.
Pasámolo xenial!!!
Pasamos un fantástico e terrorífico día de Samaín. Houbo cabazas, disfraces, túnel do terror, familias valentes dispostas a pasar medo, diplomas, pemios aos relatos de medo...
Aquí podedes ver un vídeo con algúns momentos.
O 16 de maio celebramos o Día das Letras Galegas cunha actividade que resultou ser moi motivadora para todo o alumnado. Este ano a homenaxeada foi Luisa Villalta.
Dita actividade consistíu en descubrir mediante a lectura de códigos QR a biografía de Luísa Villalta. Establecéronse dous roteiros: amarelo para a vida e azul para a obra. O alumnado, dividido en equipos, debía seguir o roteiro correspondente e, unha vez lido o código, tiñan que apuntar a información nun caderno. Unha vez recollida toda a información cada equipo elexíu a un portavoz para facer unha pequena posta en común.
Roteiro amarelo: vida de Luísa Villalta
O 23 de febreiro homenaxeamos a Rosalía de Castro cunha actividade na que os padriños/madriñas lingüísticos (alumnado de 5º e 6º) recitaron poemas da autora aos seus afillados/as.
Comeza un novo ano cargado de ilusións e aquí vos deixamos o noso calendario 2024.
Graciñas por participar na exposición de postais de Nadal con grandes desexos para o 2024.
Recordamos a Rosalía de Castro recitando algúns dos seus versos.
Co gallo do día da PAZ traballamos a resolución de conflictos, identificando coa axuda deste semáforo as condutas que provocan malestar e aquelas que son agradables.
Xa temos preparado o novo almanaque, que nesta ocasión, ten como temática pobos mariñeiros da ría de Arousa.
Como cada curso, queremos agasallarvos coa publicación da revista escolar "DON CUCO".
Este ano homenaxeamos a Florencio Delgado organizando un recital poético. Aquí podedes escoitar algúns dos seus versos.
Para celebrar o Día Internacional da Muller, fixemos unha pequena exposición de mulleres pioneiras "de onte e de hoxe".
ENTROIDO 2022
Este ano celebramos o Entroido cos mandados de Mouchán o Mandariño e rematamos cunha festa no colexio, con pase de disfraces, votacións e moito baile.
Celebramos o Día de Rosalía recordando a súa obra e facendo un acróstico con palabras enxebres da nosa lingua.
Para conmemorar o Día Escolar da non violencia e da Paz, cada clase enviou unha carta con desexos de paz a outra e despois de ler as cartas organizamos estes fermosos murais "Bicos de paz".