
venres, 20 de decembro de 2024
mércores, 4 de decembro de 2024
25N
O 25 de novembro conmemoramos no centro o Día da Non violencia de xénero aportando cada aula a nosa palabra positiva e rexeitando e rachando a negativa.
Con todo o positivo fixemos o seguinte mural.
venres, 22 de novembro de 2024
MAGOSTO E DÍA DO TROMPO
O pasado venres 15 de novembro celebramos o Magosto no centro. Participou toda a comunidade educativa na degustación das castañas asadas e disfrutamos dos xogos populares como todos os anos.
Pasámolo xenial!!!
venres, 8 de novembro de 2024
SAMAÍN 2024
Pasamos un fantástico e terrorífico día de Samaín. Houbo cabazas, disfraces, túnel do terror, familias valentes dispostas a pasar medo, diplomas, pemios aos relatos de medo...
Aquí podedes ver un vídeo con algúns momentos.
sábado, 8 de xuño de 2024
DON CUCO
E como manda a tradición, aquí vos deixamos unha nova edición da revista Don Cuco.
Cantas aventuras pasamos ao longo do curso!!!
mércores, 22 de maio de 2024
LETRAS GALEGAS
O 16 de maio celebramos o Día das Letras Galegas cunha actividade que resultou ser moi motivadora para todo o alumnado. Este ano a homenaxeada foi Luisa Villalta.
Dita actividade consistíu en descubrir mediante a lectura de códigos QR a biografía de Luísa Villalta. Establecéronse dous roteiros: amarelo para a vida e azul para a obra. O alumnado, dividido en equipos, debía seguir o roteiro correspondente e, unha vez lido o código, tiñan que apuntar a información nun caderno. Unha vez recollida toda a información cada equipo elexíu a un portavoz para facer unha pequena posta en común.
Roteiro amarelo: vida de Luísa Villalta
martes, 30 de abril de 2024
MAIOS 2024
venres, 8 de marzo de 2024
8 M
xoves, 29 de febreiro de 2024
DÍA DE ROSALÍA
O 23 de febreiro homenaxeamos a Rosalía de Castro cunha actividade na que os padriños/madriñas lingüísticos (alumnado de 5º e 6º) recitaron poemas da autora aos seus afillados/as.
xoves, 22 de febreiro de 2024
ENTROIDO
mércores, 31 de xaneiro de 2024
martes, 2 de xaneiro de 2024
ALMANAQUE 2024
Comeza un novo ano cargado de ilusións e aquí vos deixamos o noso calendario 2024.
POSTAIS DE NADAL
Graciñas por participar na exposición de postais de Nadal con grandes desexos para o 2024.
Realizado polo ENDL