Este curso dende o ENDL volvemos a gravar contos cos profes.
- "Xa vooou!": Xefa do Departamento de Orientación.
- "Animais de compañía": Mestra de Pedagoxía Terapéutica.
Os alumnos de Tremoedo tamén gravamos moitos contos:
- "Rimas": alumnos de E.I
- "O preguiceiro": alumnos de 1º
- "A ratiña presumida": alumnos de 2º
- " A montaña e o bosque en Tremoedo" : alumnos de 3º
- "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis": alumnos de 4º e a súa titora.
- "Lenda da Ponte dos Padriños": alumnos de 5º
- "Fábulas": alumnos de 6º
Tamén se ofreceron os pais/nais a gravar un conto titulado: "Corre corre, cabaciña".
Todos estes contos estarán á vosa disposición o curso que ven nas mochilas viaxeiras para que disfrutedes todos deles e......
A ver se adiviñades cáles son os protagonistas dos contos con só escoitar a súa voz!!!

luns, 19 de marzo de 2018
venres, 2 de marzo de 2018
24 de febreiro "DIA DE ROSALÍA"
Celebrouse durante a semana do 19 ao 23 de febreiro. O ENDL fixo unha selección de
diferentes poetas galegos de todos os tempos e facilitou ás titorías o
material necesario para traballar nas aulas.
En E.I, 1º e 2º os nenos ilustraron cun debuxo os poemas elexidos por eles e en 3º, 4º, 5º e 6º fixeron unha caricatura da ilustración dos poemas.
Con todos estes traballos fíxose un libro que formará parte do fondo da biblioteca do centro co título: “Ilustramos aos nosos poetas”.
Os poetas seleccionados para cada
curso son os seguintes:
·
Educación
Infantil: García Teijeiro ( 2 poemas).
·
1º
de E.P: Helena Villar Janeiro, Gloria Sánchez (2 poemas).
·
2º
de E.P: Fran Alonso, Ana M.ª Fernández, Anisia Miranda /Neira Vilas (3 poemas).
·
3º
de E.P: Amado Carballo, Noriega Varela, Xosé M.ª Álvarez Blázquez, Luís
Pimentel (4 poemas).
·
4º
de E.P: Rosalía de Castro, Emilio Pita, Manuel María, Aquilino Iglesia Alvariño
(4 poemas).
·
5º
de E.P: Curros Enríquez, Álvaro Cunqueiro, Cabanillas, Celso Emilio Ferreiro (4
poemas).
·
6º
de E.P: Eduardo Pondal, María Mariño (2 poemas).
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)