venres, 8 de novembro de 2024

SAMAÍN 2024

Pasamos un fantástico e terrorífico día de Samaín. Houbo cabazas, disfraces, túnel do terror, familias valentes dispostas a pasar medo, diplomas, pemios aos relatos de medo...

Aquí podedes ver un vídeo con algúns momentos.



relatos de samaín de Almudena

sábado, 8 de xuño de 2024

DON CUCO

E como manda a tradición, aquí vos deixamos unha nova edición da revista Don Cuco.

Cantas aventuras pasamos ao longo do curso!!!


mércores, 22 de maio de 2024

LETRAS GALEGAS

 O 16 de maio celebramos o Día das Letras Galegas cunha actividade que resultou ser moi motivadora para todo o alumnado. Este ano a homenaxeada foi Luisa Villalta.

Dita actividade consistíu en descubrir mediante a lectura de códigos QR a biografía de Luísa Villalta. Establecéronse dous roteiros: amarelo para a vida e azul para a obra. O alumnado, dividido en equipos, debía seguir o roteiro correspondente e, unha vez lido o código, tiñan que apuntar a información nun caderno. Unha vez recollida toda a información cada equipo elexíu a un portavoz para facer unha pequena posta en común.

Roteiro amarelo: vida de Luísa Villalta


Roteiro azul: obra de Luísa Villalta


Posta en común da información atopada



Tamén realizamos, como todos os anos,  a actividade "Palabras a esgalla", onde o alumnado tiña que plasmar nunha cartolina A5 unha palabra que expresase un sentimento ou unha emoción relacionada co mar.




martes, 30 de abril de 2024

MAIOS 2024

O 29 de abril celebramos o Día dos Maios. Con todos os elementos facilitados polas familias (fiuncho, flores, ovos, froitas...) decoramos un maio que quedou fermosísimo. 
A continuación o alumnado de 6º interpretou as coplas que eles mesmos compuxeron. 
Para rematar, coincidindo co Día Internacional da Danza, o alumnado de 5º e 6º interpretou un Circassian Circle (danza irlandesa) e, todo o alumnado do centro xunto co profesorado, un baile elaborado coa peza "Claudiña" do grupo Sete Netos.
No seguinte vídeo podedes ver algúns momentos vividos nesta xornada.



venres, 8 de marzo de 2024

8 M

O 8 de marzo, como ben sabedes, celebramos o Día Internacional da Muller.
No noso recanto da biblioteca tedes libros que vos recordarán que se pode voar alto, que somos especiais, que podemos chegar a onde pretendamos, que non teñades medo por xogar a unhas ou outras cousas cando é o que desexades.
Tamén temos outros libros que nos contan a historia real de mulleres da nosa contorna, outras de preto e outras de lonxe que teñen algo en común: alí onde estaban, loitaron polo que creron correcto, por cambiar a realidade do momento e que, en moitos casos, conseguiron que o noso presente fose distinto. En definitiva, erguéronse ante as dificultades! O noso recordo e homenaxe para todas elas.
Seguro que tedes mulleres especiais da vosa familia, contorna... que vos veñen á cabeza.



En cada aula traballouse desde diferentes enfoques adaptando a temática á idade do alumnado. Froito desas reflexións, creáronse uns murais fermosísimos agora expostos na sala multitusos do noso cole.


xoves, 29 de febreiro de 2024

DÍA DE ROSALÍA

O 23 de febreiro homenaxeamos a Rosalía de Castro cunha actividade na que os padriños/madriñas lingüísticos (alumnado de 5º e 6º) recitaron poemas da autora aos seus afillados/as.

 

xoves, 22 de febreiro de 2024

ENTROIDO

O venres 9 de febreiro celebramos o Entroido no noso centro cun desfile, un concurso de disfraces e unha degustación de postres típicos destas datas.

Moitas grazas a toda a comunidade educativa pola vosa colaboración e participación!!
Realizado polo ENDL.

mércores, 31 de xaneiro de 2024

DÍA DA PAZ

A través deste mural reflexionamos sobre a PAZ. 


E ti que ves?😉

Realizado polo ENDL

martes, 2 de xaneiro de 2024

ALMANAQUE 2024

Comeza un novo ano cargado de ilusións e aquí vos deixamos o noso calendario 2024.

Almanaque 24 realizado polo ENDL

POSTAIS DE NADAL

Graciñas por participar na exposición de postais de Nadal con grandes desexos para o 2024.


Realizado polo ENDL

luns, 20 de novembro de 2023

MAGOSTO E DÍA DO TROMPO

Aquí deixamos unha pequena mostra do moito que disfrutamos da celebración do Magosto.
MAGOSTO. Realizado polo ENDL

xoves, 9 de novembro de 2023

CONTOS DE SAMAÍN

Aquí vos deixamos os relatos máis terroríficos, moitas grazas por participar e parabéns aos gañadores/as.

CONTOS DE MEDO. Realizado polo ENDL

martes, 20 de xuño de 2023

SAÍDA FIN DE CURSO

Os nenos/as de infantil, primeiro e segundo desfrutamos dunha estupenda xornada lúdica. Aquí podedes ver unha mostra desta gran viaxe.
FIN DE CURSO de Almudena

mércores, 31 de maio de 2023

domingo, 30 de abril de 2023

MAIOS 2023

 Compartimos algúns dos momentos da celebración dos MAIOS 2023.






martes, 7 de marzo de 2023

venres, 24 de febreiro de 2023

ENTROIDO

E que mellor xeito de festexar o Entroido, que mergullándonos na ría!!!

venres, 10 de febreiro de 2023

SEMÁFORO DA PAZ

Co gallo do día da PAZ traballamos a resolución de conflictos, identificando coa axuda deste semáforo as condutas que provocan malestar e aquelas que son agradables.



mércores, 28 de decembro de 2022

CALENDARIO 2023

 Xa temos preparado o novo almanaque, que nesta ocasión, ten como temática pobos mariñeiros da ría de Arousa.

calendario de Almudena

BO NADAL

Para fomentar a tradición, organizamos unha exposición de postais de Nadal cun desexo para o novo ano. O resultado non podía ser mellor, graciñas pola vosa participación.



mércores, 23 de novembro de 2022

MAGOSTO E DÍA DO TROMPO

Coa chegada do outono, celebramos o Magosto e o Día do trompo acompañados das familias. Unha estupenda xornada!
Magosto de Almudena

martes, 8 de novembro de 2022

RELATOS DE MEDO

Con motivo do Samaín, organizamos un concurso de relatos de medo. Grazas pola vosa participación e parabéns para os gañadores. 

CONCURSO RELATOS DE MEDO SAMAÍ 2022 de Almudena

luns, 6 de xuño de 2022

DON CUCO XA CHEGOU

 Como cada curso, queremos agasallarvos coa publicación da revista escolar "DON CUCO". 


Preme na imaxe para acceder.


martes, 24 de maio de 2022

LETRAS GALEGAS 2022

Este ano homenaxeamos a Florencio Delgado organizando un recital poético. Aquí podedes escoitar algúns dos seus versos.


domingo, 8 de maio de 2022

OS MAIOS

 Con moita ilusión recuperamos Os Maios, a festa de exaltación da primavera.





martes, 26 de abril de 2022

DÍA DA MULLER

 Para celebrar  o Día Internacional da Muller, fixemos unha pequena exposición de mulleres pioneiras "de onte e de hoxe".



martes, 15 de marzo de 2022

ENTROIDO


ENTROIDO 2022

Este ano celebramos o Entroido cos mandados de Mouchán o Mandariño e rematamos cunha festa no colexio, con pase de disfraces, votacións e moito baile.




mércores, 23 de febreiro de 2022

DÍA DE ROSALÍA

Celebramos o Día de Rosalía recordando a súa obra e facendo un acróstico con palabras enxebres da nosa lingua.



venres, 4 de febreiro de 2022

BICOS DE PAZ

Para conmemorar o Día Escolar da non violencia e da Paz, cada clase enviou unha carta con desexos de paz a outra e despois de ler as cartas organizamos estes fermosos murais "Bicos de paz".




💖💖💖


mércores, 19 de xaneiro de 2022

ALMANAQUE 2022

Enmarcado no proxecto da saúde e o valor que para ela teñen as plantas medicinais, presentamos o almanaque 2022.  


EDLG