XA ESTÁ REMATADO O CALENDARIO DESTE ANO!!!!

mércores, 27 de xaneiro de 2016
martes, 26 de xaneiro de 2016
Preparación do día da Paz
Comunicado de prensa
Os cinco centros escolares de infantil e primaria que existen en Vilanova deseñaron un amplo programa de actividades para celebrar o Día Internacional dá Paz, que desenvolveranse o vindeiro venres nas inmediacións do campo de fútbol de O Terrón.
As actividades comezarán a partir das 11:00 horas, cando está previsto que cheguen os alumnos dos colexios Xulio Camba de Vilanova, San Roque de Corón, Viñagrande de San Miguel de Deiro, Samertolomeu de Tremoedo e Sestelo de Baión. En total, serán uns 900 nenos/as no campo de fútbol de O Terrón nun acto que vai resultar multitudinario.
Unha vez nas instalacións deportivas, procederase á lectura dun manifesto por parte dos alumnos de cada colexio. Neses manifestos farase fincapé nas ideas ou proxectos que se estiveron traballando en cada un dos centros, antes de comezar a executar unha coreografía con todos os nenos. O acto finalizará coa solta de globos e pombas por parte dos alumnos de infantil.
Os manifestos introduciranse nunha botella, aínda que non está previsto botalas ao mar por cuestións ambientais obvias, senón que se gardarán en cada centro como exemplo do que debe significar a convivencia, un dos conceptos máis importantes da paz.
Nuria Santiago, profesora de Educación Física no colexio San Roque de Corón, explicaba onte que este encontro xestouse por mor das boas relacións que manteñen os cinco centros que existen en Vilanova. "Tras acordar a celebración deste evento, todos coincidimos en que o mellor lugar para iso, tanto por espazo como por facilidades para chegar nos autobuses, era o campo de fútbol de "O Terrón", explica. Unha vez comunicado o acto ao Concello de Vilanova, este "puxo todas as facilidades" tanto de persoal como loxísticas para levar a cabo unha xornada de convivencia entre alumnos e profesores dos diferentes centros de Vilanova.
O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, lembrou que xa se viviron exemplos de convivencia entre estes centros, en especial a finais de 2014, cando un temporal levou por diante o tellado do colexio Viñagrande de San Miguel de Deiro e os seus alumnos tiveron que ser recolocados, durante unha semana, no centro de Tremoedo.
Ademais, Santiago lembrou que o pasado ano "fixemos unha andaina até Monte Lobeira, onde os alumnos e profesores realizaron unha serie de localizacións xeográficas pero cuxo valor principal era o da convivencia".
A. Gago, Faro de Vigo
venres, 22 de xaneiro de 2016
"CALENDARIO 2016"
Xa temos o novo calendario nas aulas!!!!
Entre
todas as aulas elaboramos un calendario coa temática “As
mulleres escritoras galegas”.
Mirade que bonitiño nos quedou.
"III CONCURSO DE RELATOS DE TERROR"
Dende o Equipo de Normalización lingüística por terceiro ano consecutivo fixemos o "Concurso de relatos de terror".
Os
alumnos/as realizaron os relatos nas súas
casas coa axuda dos seus pais/nais.
Todos
os participantes recibiron un marcapáxinas de agasallo
e os mellores relatos foron premiados con libros.
Déronse 3
premios individuais e dous premios grupais “a mellor presentación
e orixinalidade” e “a maior participación grupal”.
A entrega dos premios fíxose ao remate da celebración do Samaín
(29 de outubro).
Estes son os premios entregados:
Todos os relatos participantes recolleranse nun libro que pasará a formar parte da biblioteca do centro para a súa consulta.
"CASIÑA DON CUCO".
Xa está lista a "Casiña de Don Cuco"!!!!
As
titorías realizaron un traballo de investigación
sobre “As mulleres escritoras galegas” nas diferentes
épocas da historia (literatura galego-portuguesa, Século
XIX e Século XX) e recompilaron a información
nunha cartolina que está colgada no taboleiro da “Casiña de Don
Cuco”.
Os
diferentes cursos fixeron a seguinte elección de escritoras
galegas para traballar nas aulas:
E.I
.- Fina Casalderrey. 1º .- Helena Villar Janeiro.
2º
.- Marilar Alexandre. 3º .- Concepción
Arenal.
4º
.- Emilia Pardo Bazán. 5º .- Rosalia de Castro.
6º
.- Marica Campo.
Mirade que bonita nos quedou!!!!
Ao final de curso, o ENDL fará un libro coas cartolinas que quedará na biblioteca a disposición de todo aquel que desexe consultalo.
venres, 17 de abril de 2015
POR FIN TEMOS INVERNADOIRO
Finalmente, foi a Comunidade de Montes de Tremoedo quen nos regalou e instalou o invernadoiro no colexio, para levar a cabo o proxecto iniciado este curso sobre medioambiente e horta escolar. Dende o Centro queremos manifestar o noso agradecemento pola súa aportación.
Coa colaboración das familias e máis de toda a comunidade educativa, esperamos sacarlle o maior proveito posible
Coa colaboración das familias e máis de toda a comunidade educativa, esperamos sacarlle o maior proveito posible
mércores, 28 de xaneiro de 2015
CHARLA SOBRE A RECICLAXE
Onte recibimos no cole a visita de persoal da empresa ECOEMBES, que nos ensinou como reciclar máis e mellor.
Envases e caixas de cartón (limpos), xornais, libros, revistas, ... |
Botellas e envases de plástico, envases metálicos e envases brick |
iglú verde: envases de vidro, tarros, botellas, ... |
Xenérico: restos de comida, cueiros, utensilios rotos, xoguetes, ... |
mércores, 25 de xuño de 2014
luns, 9 de xuño de 2014
PROGRAMA VOZ NATURA
![]() |
Foi concedido o programa Voz Natura para o vindeiro curso 2014-2015 |
Co título: "Somos o que comemos: agricultura ecolóxica na escola" o noso proxecto resultou seleccionado. Trataremos de por en funcionamento o horto escolar aproveitando os espazos verdes cos que conta o centro, e un invernadoiro onde colleitaremos cultivos ecolóxicos.
xoves, 15 de maio de 2014
martes, 6 de maio de 2014
venres, 2 de maio de 2014
OBRAS NO COLEXIO
xoves, 20 de marzo de 2014
CELEBRAMOS O ENTROIDO TODOS XUNTOS
Este ano multiplicámonos para celebrar o entroido. Ademáis do noso cole uníronse á celebración os nosos amigos do CEIP de Viñagrande e máis os nenos e nenas das Escolas de Educación Infantil de Tremoedo e de Solobeira.
Un día para lembrar!!!
Un día para lembrar!!!
Para ver máis preme AQUÍ
luns, 10 de febreiro de 2014
RECIBIMOS Ó ALUMNADO DE VIÑAGRANDE
Hoxe luns, 10 de Febreiro, recibimos no cole ó alumnado de infantil e Primaria do CEIP de Viñagrande-Deiro. Por mor do temporal o seu colexio veuse afectado ó perder parte do tellado, polo que a Consellería de Educación decidiu reubicalos no CEIP San Bartolomé, mentres duren as obras de acondicionamento.
O alumnado de Viñagrande está agrupado en ciclos, facendo uso da aula de música, de inglés e de Educación Infantil de 5 anos .
luns, 3 de febreiro de 2014
30 DE XANEIRO - DIA DA PAZ
O dia 30 de xaneiro conmemórase o día da Paz e para celebralo organizamos actividades e xogos nos que participamos todos xuntos , para lembrar a importancia de expresións tan importantes como: colaboración, solidariedade, traballo en equipo, amizade, abrazo, ...
Para ver máis preme aquí: GALERÍA DE IMAXES
BUSCAMOS AS PISTAS
MONTAMOS O CREBACABEZAS
COMPARTIMOS AS MENSAXES
CANTAMOS, BAILAMOS, DESFRUTAMOS TODOS XUNTOS
ABRAZÁMONOS!!!
Para ver máis preme aquí: GALERÍA DE IMAXES
xoves, 19 de decembro de 2013
mércores, 6 de xuño de 2012
O CEIP San Bartolome xa é "Centro ABALAR"
Para o vindeiro curso 2012-2013, os alumnos e alumnas que estean en 5º curso de primaria contarán cunha aula abalar. Isto significa que haberá:
- Ultraportátil do alumno-a (1 para cada alumno-a)
- Portátil do profesorado (1 para cada aula ABALAR)
- Pizarra interactiva e proxector (1 para cada aula ABALAR)
- O armario de carga (1 para cada aula ABALAR)
- A rede WIFI do centro.
Será un grande reto para todos, profesorado e alumnado ir adaptando o ensino tradicional ás novas tecnoloxías, como un elemento máis de traballo con moitas posibilidades.
Máis información aquí
luns, 30 de abril de 2012
Agradecementos
Dende o centro queremos agradecer a Pablo, un artista da zona, que de xeito desinteresado colaborou para dar un pouco de cor ó colexio a través dos seus debuxos, e tamén ós pais e nais que adicaron varias fins de semana para rematar o traballo. Aquí temos algunhas fotos do proceso e os resultados.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)