venres, 8 de marzo de 2024

8 M

O 8 de marzo, como ben sabedes, celebramos o Día Internacional da Muller.
No noso recanto da biblioteca tedes libros que vos recordarán que se pode voar alto, que somos especiais, que podemos chegar a onde pretendamos, que non teñades medo por xogar a unhas ou outras cousas cando é o que desexades.
Tamén temos outros libros que nos contan a historia real de mulleres da nosa contorna, outras de preto e outras de lonxe que teñen algo en común: alí onde estaban, loitaron polo que creron correcto, por cambiar a realidade do momento e que, en moitos casos, conseguiron que o noso presente fose distinto. En definitiva, erguéronse ante as dificultades! O noso recordo e homenaxe para todas elas.
Seguro que tedes mulleres especiais da vosa familia, contorna... que vos veñen á cabeza.



En cada aula traballouse desde diferentes enfoques adaptando a temática á idade do alumnado. Froito desas reflexións, creáronse uns murais fermosísimos agora expostos na sala multitusos do noso cole.