venres, 17 de abril de 2015

POR FIN TEMOS INVERNADOIRO

Finalmente, foi a Comunidade de Montes de Tremoedo quen nos regalou e instalou o invernadoiro no colexio, para levar a cabo o proxecto iniciado este curso sobre medioambiente e horta escolar. Dende o Centro queremos manifestar o noso agradecemento pola súa aportación.
Coa colaboración das familias e máis de toda a comunidade educativa, esperamos sacarlle o maior proveito posible


mércores, 28 de xaneiro de 2015

CHARLA SOBRE A RECICLAXE

Onte recibimos no cole a visita de persoal da empresa ECOEMBES, que nos ensinou como reciclar máis e mellor.

Envases e caixas de cartón (limpos), xornais, libros, revistas, ...

Botellas e envases de plástico, envases metálicos e envases brick
iglú verde: envases de vidro, tarros, botellas, ...
Xenérico: restos de comida, cueiros, utensilios rotos, xoguetes,  ...