xoves, 29 de maio de 2025

REVISTA DON CUCO

 Chega unha nova edición da nosa revista Don Cuco. Mirade cantas  actividades fixemos!!!


LETRAS GALEGAS 2025

Coma sempre que se achega o 17 de maio, a nosa biblioteca fai unha selección de homenaxeados para o recanto.

Este ano, o Día das Letras Galegas adícase ás "Cantareiras-Poesía popular", polo que desfrutamos do concerto didáctico que nos ofreceu o Grupo Xironsa.



Desde as aulas recompiláronse cantigas tradicionais e colocáronse nun xigantesco mural na entrada do colexio. O traballo en colaboración coas familias foi fermoso e destaou a cantidade e variedade.

cantigas a esgalla 

 Ademais, todo o centro interpretou un popurrí coas cantigas "A saia da Carolina", "Eu teño un canciño" e Amoriños collín" e unha danza coa peza "Lévame, lévame".